9 de nov. de 2014

Reseña: Divergente




Esta é un saga de Veronica Roth que (como non) trata dun futuro totalmente diferente á actualidade e no que (como non) os protagonistas deben enfrentarse ao goberno ou sistema, e nesta vez incluso en dúas ocasións diferentes.

Nese futuro os adolescentes deben decidir a que facción das cinco (Erudición, Cordialidade, Abnegación, Veracidade ou Osadía) queren pertencer. Poden quedar naquela que se criaron ata entón ou cambiar. En cada unha delas, a vida é diferente pois compórtanse dunha maneire determinada dependendo do rasgo da personalidade que crean máis importante: en Abnegación preocúpanse sempre antes polos demais, en Veracidade din sempre a verdade (aínda que doia) etc. Para axudalos na súa decisión fanlles un exame de aptitudes que indica que cualidades posúen, algo que fai que a vida de Beatrice se complique pois é apta para varias. Algo que en principio non parece algo negativo, senón ao contrario, é terrible pois os Diverxentes (así se chaman esas persoas) son perseguidos polo goberno e asasinados en segredo.

Para que ninguén sepa o que ocorre (como lle recomenda a súa examinadora, pois ela no ten nin idea do tema xa que ninguén fala nunca da diverxencia) elixe unha para a que está capacitada pero que non é a súa de orixe, Osadía (ela probén de Abnegación) e alí comeza un enorme cambio na súa vida.

O primeiro libro (como me soe pasar) pareceume FANTÁSTICO, con todas as letras, de feito é un dos primeiros libros de triloxías que máis me gustou. Encantoume o feito de ver a adaptación e o día a día de Tris pero sobre todo saber como funciona o mundo nese momento futuro. Se lle sumamos ademais esa parte de intriga sobre súa nai é algo fantástico.

En canto á segunda parte, como tamén soe ocorrer, non me gustou e, neste caso, absolutamente nada. Pareceume aburrido, sen practicamente trama, non me enganchou e non ten nada que ver co primeiro libro coa excepción dos personaxes. Tan só estaba desexando que acabara e, aínda que o final desta parte é algo mellor, decepcionoume moito.

E por sorte, co último libro volveu aquelo que me enganchara na primeira e trouxo consigo unha revolución CON SENTIDO e que me enganchou e intrigou. Respecto ao final, foi moi criticado pero a min gustoume, pareceume que lle dou un desenlace emocionante, aínda que prefería que o que lle pasou a Tris (non vos vou desvelar o que) lle pasara a Tobias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...