8 de maio de 2015

Reseña: Crime en Compostela




Crime en Compostela é un libro de Carlos G. Reigosa no que o seu protagonista, Nivardo, debe resolver un asasinato que se produciu en Santiago de Compostela por petición dun amigo seu ao que a súa vez llo pedira a amante do morto.

As espectativas que tiña do libro eran altas porque me apetecía ler un libro de misterio e cría que ía ser unha boa novela pero quedei moi decepcionada ao acabala. A opinión xeral que tiven do libro resúmese nunha palabra: aburrido. Débese, simplemente, a que a narración é moi moi lenta, lentísima, e o autor fíxase en cousas que non teñen que ver coa trama e coa liña da novela. Para falar de Crime en Compostela, vou dividir o libro en dúas partes moi claramente diferenciadas nel. Na primeira metade, dinlle a Nivardo como ocorreu o crime e que debe facer, e aí acaba todo o relacionado co tema do libro (o asasinato) porque o resto deste cacho de obra é unha descripción sen fin de construccións e arquitectura de Santiago e leccións de historia que non teñen nada que ver e non pintan nada. Un par delas, vale, pero despois de corenta mil e todas nun tono lento e aburrido faise insoportable.

Cando cheguei á segunda parte, xa estaba bastante farta e con ganas de acabar o libro dunha vez (cousa que non me soe pasar), non recordo a última vez que me pasou algo parecido. Aínda así dende a metade do libro, comeza algo máis de acción xa que (algo que me pareceu moi gracioso e oportuno) o personae principal xa estaba farto de turismo e monumentos de pedra (non me extraña, de verdade...). E por fin investiga algo porque, o libro será de misterio, pero eu non llo atopei en ningunha parte. Despois de xornadas repetitivas (porque sempre pasa o mesmo, todos os días) nas que Nivardo apenas investiga nada, este da por finalizada a súa participación na investigación e, sen descubrir ao asasino, vaise de Santiago de volta para Madrid, de onde viñera. A muller que o contratara, está decepcionada con el porque esperaba (como min e coma calquera persoa que lera o libro, por outra parte) que soubese a identidade do criminal, pero nada, Nivardo non se da por aludido e di que "ten unha pequena sospeita pero que non está seguro", non me extraña, non investigou nada...

Ao final, as súas suposicións resultan certas; non me extraña, un caso con tampoucos personaxes e tan extredamamente simple...

Conclusión: Aburridísimo. Dudei incluso se deixalo ou non, e iso que eu practicamente nunca abandonei un libro sen chegar ao final.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...