Seccións

A continuación, podedes ver as diferentes seccións nas que se divide o meu blog e curiosear un pouco clicando nos seus nomes para poder velas. Espero que vos gusten!!





Entradas nas que falo longo e tendido sobre unha novela ou triloxía en concreto, dando a miña opinión e explicando os pros e contras que atopei nela.



Os Book Tags ou Memes literarios son publicacións nas que contesto preguntas e cuestionarios sobre libros ou a lectura en xeral, á vez que vos recomendo novelas que me gustaron moito.



Nesta sección cóntovos as miñas opinións e impresións sobre a adaptación cinematográfica dalgunha novela que eu lera, comparándoa co libro e indicando puntos negativos ou positivos que vin na película, se me gustou e se realmente creo que se trata dunha boa adaptación.



Nesta sección do blog, creo listas das novelas que máis me gustaron nun ano determinado ou dentro dun mesmo xénero, os autores de literatura xuvenil que máis recomendo, as portadas de libros que máis me gustan, cales son as miñas triloxías ou sagas preferidas etc...







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...