11 de set. de 2015

Mellor lectura do mes #1: Agosto 2015





Unha vez máis, tráiovos unha nova sección, esta vez mensual, que consiste na elección dunha entre todas as lecturas do mes como a mellor ou a que máis disfrutei. Brevemente, cada mes, explicarei cal foi a razón que me levou a decidirme por ese libro entre todos os demais e contarei (tamén de forma curta) as miñas impresións sobre el.

Sen máis dilación, comezo coa mellor lectura deste mes. Dubidei moito entre escoller La casa 758 de Kathryn Berla (reseña aquí) ou Pánico de Lauren Oliver (reseña aquí), pero finalmente decidinme por esta última pois, aínda que foi realmente moi difícil comparar ambas novelas ao ser completamente diferentes e tratar temas opostos, en Pánico non atopei practicamente ningún punto negativo pero si moitísimos positivos (ademais de contar cun plus pola inmensa sorpresa que supuxo para min o libro) mentres que en La casa 758, novela que tamén me apasionou e adorei, si que puiden atopar algún que outro punto negativo, coma o feito de que a trama do avó sobre a Segunda Guerra Mundial tarda demasiado en aparecer a pesar de ter moita importancia ou o final demasiado apresurado que a autora escribiu.

Polo tanto, Pánico é galardonada co título á mellor lectura do mes de Agosto. Esta foi unha novela que pensei que non me ía gustar absolutamente nada (e cando digo nada, digo nada) polo que cal foi a miña sorpresa cando descubrín unha historia que ía moito máis alá da trama sobre unha competición que se me prometía na sinopse e se centraba tamén en moi alto grado nas vidas, vivencias e problemas dos protagonistas, conseguindo engancharme á vez que me embargaba unha sensación de estrañeza (pois a novela é moi moi rara, iso non o vou a negar) para nada negativa. En resume, unha novela moi entretida e que chega moito máis ala do que se nos promete e conta nun principio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...